Cargando...

Monumento a Johan Carballeira

Monumento a Johan Carballeira.

Á altura da entrada ao peirao principal do porto de Bueu, érguese o Monumento a Johán Carballeira, seudónimo de José Gómez de la Cueva, poeta, xornalista e alcalde de Bueu no período republicano, de febreiro a xullo de 1936, fusilado en abril de 1937.

O monumento, esculpido en granito, é obra de Manuel Paz Mouta e mostra un gran libro tridimensional aberto.

Nunha das súas páxinas hai unha labra coa cara de Johán Carballeira e a súa firma, e noutras dúas páxinas están gravados dous dos seus poemas:

• “E o día que o fondo de bondade do pobo quede ceibe, non haberá

forza meirande que a súa”

• “A praia unha amante escrava do mar, bérralle, zurrégalle, e vaina

bicar”

Nos anos 1996 e 2003 o Concello de Bueu instaurou o “Premio de Poesía Johán Carballeira” e o “Premio de Xornalismo Johán Carballeira”, respectivamente, para evitar o esquecemento desta figura tan emblemática.

Cada ano, o 17 de abril, deposítase unha ofrenda floral neste monumento e lese algún dos seus poemas.