Cargando...

Monumento "A volta do Mar"

Monumento "A volta do Mar"

Obra de Xoán Piñeiro realizada en 1952. O artista realizou esta fermosa escultura de granito como homenaxe ós mariñeiros. Consta de tres figuras, un home (mariñeiro) que consoa a súa muller porque non teñen que comer, e un neno, que curiosea coa cesta valeira que porta o home. Esta obra realizouse en Madrid, coa intención de ser doada ó pobo de Cangas polo autor, en proba do seu agradecemento polas axudas recibidas por parte da Institución na súa época de formación artística

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 266m

Don Hotel

a 1km 74m