Cargando...

Muiño da presa

Muiño da presa

Testemuños da importancia que tivo o agro na economía galega ata mediado o século XX, prácticamente todos os muíños da zona responden a un deseño similar.

Son construcións pequenas de planta baixa, co tellado a unha auga e cunha cavidade inferior onde se ubica o rodicio, a roda motriz que move a moa interior para converter o gran en fariña. O rodicio é impulsado pola forza da auga, que chega dende o río a través dunha canle de pedra e entra no muíño mediante unha estrutura inclinada chamada cubo. Complétase a edificación con alguna xanela na parede e unha pedra saínte a carón da porta para pousar o saco. Este muíño do río Canudo, situado a carón dunha presa de rego para a ladeira da Graña, responde a todas estas características. Restaurado en 1996, bota a andar a finais de marzo para moer o millo corvo.