Cargando...

Muiño de Avical

Muiño de Avical

A canle deste curioso muíño vai montada sobre muros de pedra para salvar máis de dez metros de desnivel ata chegar a un cubo tamén singular, xa que mide oito metros de altura e ten forma circular, pois foi feito con aros de pedra superpostos. Na parede que dá ao río sobresaen senllas figuras dun home e unha muller, ornamentación escultórica que non se dá en ningún outro muíño do Morrazo. Tiña un rodicio de madeira que, tras a restauración de mediados dos 90, foi substituído por outro de ferro.

Atopámolo en Beluso

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 2km 619m

Patrimonio cercano