Cargando...

O Curro - Ons

O Curro

Na Illa de Ons, nos anos 1960, constrúese en torno ao peirao de atraque na coñecida como praia das Dornas (chamada así pola profusión no seu tempo desta embarcación tradicional a vela, característica das illas), o poboado principal, O Curro, que lembra moito a un poboado andaluz, convertido nunha zona de servizos xerais. Deseñado e levantado polo Instituto Nacional de Colonización, contaba con locais para escola, salón social, edificación administrativa (antiga casa dos propietarios e dependencias de almacén e salga) , reitoral e capela nova. Hoxe está dotado cos servizos básicos mínimos e imprescindibles: auga potable, luz eléctrica de xerador nas horas subministrables, hostalería con tres casas de comidas e hospedaxe e gardería forestal, aínda que carece de servizo médico e de correos.