Cargando...

O reloxo

Estación metereolóxica o reloxo

O quiosco meteorolóxico da Alameda Vella ou coñecido popularmente como “O Reló”, foi mandado construir por un Almirante de Mariña destinado en Cangas, D. Alvaro Guitián, no ano 1907, e foi financiado por suscrición popular. O motivo que impulsou a D. Alvaro á construcción desta estación meteorolóxica foi o feito de que os mariñeiros, cando saían faenar, non tiñan xeito de predecir o tempo; unicamente uliscando o horizonte, pois daquela non había televisión nin moito menos Internet.

O quiosco estaba dotado de reloxo de catro esferas, catavento e catro aparellos meteorolóxicos:

·         HIGRÓMETRO: Aparello destinado a medir a humidade do aire.

·         TERMÓMETRO: Aparello destinado a medir a temperatura do aire.

·         VELOCIDADE DO VENTO (en nós) accionado por 4 esferas.

·         ESTADO DO TEMPO: Stormy, very dry, rain, change, fair.

O mecanismo do reloxo da parte alta foi instalado por Pagan, que é o reloxeiro que montou o reloxo da porta principal da praza de abastos. O reló toca ás en punto, ás medias e ós cuartos. A ubicación original do quiosco non era esta, senón que estaba situado no outro lado da Alameda, ó lado da praza de abastos, e logo, nos anos corenta, pasou para este lado. Co paso do tempo, o seu deterioro debido á salitre e á erosión foi tan evidente que optaron por quitalo definitivamente. No ano 1991, con motivo da remodelación da Alameda, aproveitouse para realizar unha fiel réplica do orixinal, con materiais máis perdurables e aparellos máis modernos, e hoxe en día, constitúe un dos símbolos da vila. O autor da reproducción foi Avilés.

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 271m

Don Hotel

a 1km 54m