Cargando...

O RIO DA FRAGA

O río da Fraga

O río da Fraga ou dos Ladróns, fronteira e aperta fluvial entre Meira e Moaña, o máis cumprido e caudaloso dos do concello de Moaña e que se pode percorrer nun sendeiro atravesando antigas leiras hoxe en desuso, encintada de ameneiros, bidueiros, salgueiros e outras árbores de ribeira.

A medida que a orografía remonta, o río vai aproveitando os seus recursos hídricos con regatos e afluentes. Unha vez máis, aparece un importante parque aberto de muíños, encaixados no canón que forma o río, cheo de carballeiras, cadoiros, pozas, fontes e enormes fieitos, unha alfombra verde dende a desembocadura ata o nacemento, un percorrido para todas as idades que ten na parte media alta a posibilidade de recrear os imaxinarios das paisaxes románticas de auga e árbores, e tamén imaxinar as pantasmas cinematográficas que nos fan viaxar polas míticas aventuras de Tarzán entre fervenzas, pozas e lianas ou as de Indiana Jones atravesando perigosas e esvaradizas pontes.

Tipo:

Espazos naturais

Localidade:

Moaña

Onde aloxarse cerca

Camping Tirán

a 5km 873m