Cargando...

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE DARBO

Parroquia de Santa María de Darbo

A parroquia de Darbo ten unha rica historia, xa dende a época do bronce como reflicten os interesantísimos petrógligos atopados. Discútese se o topónimo Liméns procede do grego porto, pero o que está fóra de toda dúbida e a presenza dos fenicios, dos romanos e doutros navegantes mediterráneos nas  súas costas como proban os retos atopados, especialmente unhas ánforas gregas. Da importancia desta parroquia fala o feito de que durante moito tempo as terras de Cangas dependían eclesiasticamente da freguesía de Darbo e nas numerosas enumeracións documentais das igrexas existentes no Morrazo, sempre é mencionada, ao contrario que a de Cangas.

Ao fondo pode verse o Monte Castelo, nome que provén da existencia do castelo de Darvo ou Daravelo do que xa consta a súa existencia en documentos escritos do século XII. Ao pé deste castelo e a salvo dos ataques normandos e almorábides, irían xurdindo un pequeno núcleo que medraría ao abrigo deste. Motivo de constantes disputas entre a nobreza representada pola casa de Soutomaior, e a mitra compostelá, Alonso de Fonseca II, sería destruído no século XV trala II Guerra Irmandiña na que a nobreza galega se subleva contra ENRIQUE IV.