Cargando...

PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DO HÍO

Parroquia de Santo André do Hio

O Hío é unha parroquia dunha extraordinaria riqueza e fermosura paisaxística.

Situada no extremo occidental, constitúe o finisterrae da península do Morrazo sobre o Atlántico. Pero se decides dirixirte cara a Nerga, Viñó, Pinténs ou Vilanova, descubrirás praias dunha fermosura dificilmente superable, con areas brancas e limpas que se deixan arrolar por un mar de tonalidades verdes cambiantes.

Aquí, se avanzas cara ao oeste, despois de Nerga e Viñó, podes atopar a praia de Barra, coñecida pola tranquilidade da súa contorna e por ser unha das máis importantes praias nudistas de Galicia.

Se buscas un refuxio na sombra, ningún mellor que o río e o muíño de Viñó escondidos nun extenso areal agochado entre os piñeiros e as viñas, un parece chegar a outro mundo. Son todas praias de augas frescas que tonifican o corpo e fan máis reconfortante o sol nestas paraxes orientadas cara ao sur.