Cargando...

Pazo Casal de Castrelo

Casal de castrelo

O Casal de Castrelo, no Valado, fundado para un descendente do pazo de Santa Cruz, é de planta rectangular, con baixo e piso. Conta cun patín exterior ao lado do cal se sitúa unha impoñente labra heráldica na que están representadas as liñaxes dos Freire de Andrade no primeiro cuartel, o Santo Oficio no segundo, os Aldao no terceiro e no cuarto os Fonseca. Recentemente sufriu unha importante reforma. Como dato histórico cómpre sinalar que pertenceu á familia de José Gómez de la Cueva, “Johan Carballeira”.

Xornalista, poeta e político galeguista, Carballeira chegaría a ser alcalde de Bueu na República, ata que co estoupido da Guerra Civil foi encarcerado e fusilado. Hoxe conta cun monumento conmemorativo no centro de Bueu, obra do escultor Manolo Paz.

 

Outro dos alcumes que José Gómez de la Cueva empregou como articulista, en menor medida,

foi o de “Alonso de Castrelo”, quizais tomando o nome daquel quinto avó materno que emparentou cos fundadores da casona. O edificio foi remodelado a finais do século pasado, con engadidos como as ameas.