Cargando...

Pazo do Casal

Pazo Casal

O Casal dos Aldao ou dos Picos sitúase a carón da  estrada PO-551, no lugar da Graña. Data do século XVI  e é unha construción rectangular de dous corpos dispostos en forma de “L”. Na fachada oeste conta cunha ampla terraza, balaustrada e escalinata de pedra que dá acceso ao piso superior. Forma a propiedade un conxunto fermoso entre árbores froiteiras, xardíns, pombal circular, hórreo e fonte de construción barroca. Posúe dúas pedras de armas, unha antiga sobre a porta da adega que representa unha cruz florenzada cunha cuncha de vieira sobre o lado esquerdo, flanqueada fóra do cuartel por unha flor de lis. A segunda, na fachada norte de acceso ao mesmo, é un escudo flanqueado por dous leóns rampantes; nos cuarteis represéntanse cinco flores de lis bordeadas por oito aspas, un castelo e unha cuncha de vieira coroada por tres estrelas de oito puntas. Cargado de historia, estivo sempre vinculado á familia Aldao ou Fernández Aldao, ata que recentemente pasou a mans alleas. Nel residiu durante a súa infancia o escritor Víctor Said Armesto. Este casal, no século XIX e por un período curto de tempo, acolleu as dependencias do Xulgado Municipal de Bueu.