Cargando...

PAZO DO ROSAL

Pazo do Rosal

Chantada nun outeiro cunha fermosa vista sobre a abra de Moaña, atopamos esta espléndida casona orixinaria do s. XV se ben presenta diferentes etapas construtivas. Un león rampante, símbolo dos Romai, tamén presente nas labras heráldicas, é o arranque do pasamáns da fermosa escaleira que conduce a unha elegante galería sostida por arcos de medio punto. O pombal, os dous hórreos de oito pés sobre unha eira lousada, a capela, á advocación a San Gregorio, o cruceiro -imitación do do Hío-, os lavadoiros, o xardín e as variadas árbores da finca embelecen a propiedade.

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 4km 306m

Camping Tirán

a 2km 778m