Cargando...

Peto de ánimas de San Antoniño

Peto de ánimas de San Antoniño

A mediados do século XVI, co Concilio de Trento restauráronse as prácticas da Inquisición, e tamén, se reivindicaron os santos e reafirmouse a existencia do purgatorio, onde a alma despois da morte debe permanecer, xa que é un paso intermedio ata alcanzar o ceo.

Sobre esta idea construíronse numerosos petos de ánimas onde os vivos ofrecían esmolas para salvar as almas dos seres queridos finados.

Trátase de pequenos monumentos rurais espallados polos camiños e encrucilladas, formados por unha fornela onde está representado o santo coas ánimas, e adoitan ir coroados cunha cruz. Dos numerosos petos que hai en Bueu, o de San Antoniño é o máis traballado.

Está situado sobre a antiga calzada medieval que está sinalizada e pertence á Ruta dos Muíños de Meiro, onde en marzo celébrase a festa gastronómica-cultural “do Millo Corvo”, declarada Festa de Galicia de Interese Turístico.

Este peto, é de tipo pechado, de gran tamaño e coroado por dous pináculos e unha cruz octogonal sobre base esférica, sen imaxes. Cubrindo e protexendo as ánimas, colocouse unha porta acoirazada de ferro na que hai unha fenda para as esmolas. Antigamente as esmolas eran moedas de pouco valor e froitos da colleita (millo, patacas...).

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 3km 897m