Cargando...

Petróglifo da Laxe do Chan

Petróglifo da Laxe do Chan

Ubicado na parroquia de Darbo (Cangas), na estrada que vai da Magdalena a Herbello á altura do Castelo (a man dereita, na mesma estrada)

Estes petroglifos están datados arredor do 1800 aC, na Idade do Bronce I e están realizados nunha pedra de grano medio duns 10 x 15 metros.

Os grabados atópanse bastante erosionados, polo que moitos deles son bastante imperceptibles, salvo as paletas. Os motivos inclúen un puñal, un escudo deforma triangular e outro de maior tamaño, varias alabardas con enmangadas de modo esquemático ou con tres remaches na unión co mango.

Na parte superior distínguense tres paletas e tamén círculos simples e combinados, trazos atípicos, un antropomorfo e outro zoomorfo.

Existe unha plataforma de madeira cun panel informativo desde o que poder interpretar os debuxos.
 

Onde comer cerca

Bar Puri

a 1km 41m

Casa Porrón

a 1km 91m

Onde aloxarse cerca

Hotel Airiños

a 1km 147m

Don Hotel

a 1km 490m

Camping Liméns

a 1km 759m