Cargando...

Petroglifo de As Abelairas

Petroglifo de As Abelairas

Este conxunto de gravados rupestres ten uns 4000 anos de antigüidade. O petroglifo reproduce deseños que se repiten noutros xacementos de Galicia: cazoletas, círculos e labirintos. O seu significado é todo un misterio. Hai quen os ve como primitivas representacións artísticas e quen lle confire un valor ritual. Algúns estudos consideran os motivos circulares estilizacións de elementos naturais ou mesmo de conceptos, mentres que outros interprétanos como mapas, trampas de caza ou ondas de auga.

Recoméndase velos cando sae o sol ou cando se oculta.

 

No lugar de Castiñeiras, na intersección entre a estrada do cemiterio de Bueu e a VG-4 tamén coñecida como Corredor do Morrazo, detrás da nave do Punto Limpo aparece a sinalización do roteiro do Morrazo GR 59 a uns cen metros desta sinal atópanse os petroglifos a man dereita.

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 2km 603m