Cargando...

PETROGLIFO PINAL DO REI

Petroglifo de Pinal do Rei

No lugar do mesmo nome, na beira da estrada de Ervello, podemos atopar o Petróglifo do Pinal do Rei. Trátase dun gravado moi rico, pola variedade de motivos: combinacións circulares, zoomorfos, antropomorfos e pola complexidade ca composición cunha certa intención de dar sensación de perspectiva, con todo, o aspecto simbólico predomina nela pois as figuras adquiren tamaño en función da súa importancia. Destacan a figura dun cervo macho cunha impresionante cornamenta e algunhas figuras humanas montadas sobre un animal.

Onde comer cerca

Bar Puri

a 659m

Casa Porrón

a 1km 690m

Onde aloxarse cerca

Hotel Airiños

a 1km 724m

Don Hotel

a 2km 132m

Camping Aldán

a 1km 993m

Patrimonio cercano