Cargando...

Porto de Bueu

Porto de Bueu

O porto de Bueu ten unha longa historia, os achados arqueolóxicos datados no s.II d.C (un forno alfar, un tipo de ánfora característica e instalacións para a manipulación do peixe) demostran a existencia dun peirao no que se comerciaba con peixe salgado. Esta actividade, tras etapas de decadencia, volve a rexurdir no século XIX, coa existencia de vinte industrias de salgadura, que serían o xermolo das importantes fábricas conserveiras do século XX .