Cargando...

PORTO DE MOAÑA

Porto de Moaña

Como todos estes pequenos portos do fondo da ría, ten a súa orixe nun fondeadoiro para cativas embarcacións de pesca ao cordel ou de baixura. Na actualidade estas instalacións portuarias comprenden o peirao do Con, o da Mosqueira e o do Real, ou da Pasaxe, así chamado por ser utilizado para o traslado de viaxeiros entrambas ourelas da ría.