Cargando...

Praia de Rodeira

Praia de Rodeira

A praia de Rodeira, ou das Areas Gordas como se recolle nalgúns documentos antigos, constitúe un pequeno luxo, unha praia situada, podería dicirse que en pleno núcleo urbano, aínda que, xeograficamente pertence á parroquia de Coiro, é algo do que Cangas pode presumir. O areal foi perdendo extensión, primeiro coa construción de peiraos e aterrados para as industrias conserveiras. Despois, o Paseo Marítimo coutouno un pouco máis.
Contan as lendas e tamén os vellos documentos procesais que nestes areais reuníanse mulleres para realizar ritos demoníacos e bruxerís. Contaban que nas noites podía verse como as bruxas tiñan relacións carnais co demo. Mesmo houbo quen se atreveu a afirmar que nunha desas noites chegou aos areais de Sevilla despois dun encontro demoníaco. Hoxe, máis alá de ritos e lendas, a praia é un lugar de encontro e gozo para milleiros de persoas que toman o sol na area, toman os baños ou practican deportes náuticos aproveitando as boas condicións e a seguridade que ofrecen o abrigo da ría.

Tipo:

Praias

Localidade:

Cangas

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

Patrimonio cercano