Cargando...

Praza de Singulis

Praza de Singulis

Dende a Praza do Arco, rúa arriba, chégase a un pequeno outeiro, acubillo dalgúns dos espazos máis fermosos de Cangas. O conxunto de rúas que discorren pola Praza de Síngulis, co seu Cruceiro, e a Berbetaña son dunha beleza que agarda por unha rehabilitación e adecuación á estrutura arquitectónica tradicional.

Pasea e deixa que a imaxinación retroceda ao tempo en que este espazo constituía o núcleo da vida de Cangas. Intenta embarcarte na difícil empresa de descifrar a procedencia dos seus nomes, o seu significado. Tenta imaxinar as mulleres atando as redes nas rúas, colgando o millo a secar, sollando os colchóns. Porque o traballo da muller sempre foi fundamental para e supervivencia e a economía das familias. As mulleres traballaban na casa, traballaban nos campos e durante as longas ausencias dos homes eran pais e nais, auténticas sostedoras das familias.

Os lavadoiros coma o da Fonte Ferreira, hoxe Avda. de Moaña, e a igrexa eran lugares onde socializaban a súa vida e onde se recibían e comentaban os aconteceres da vida diaria.

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 406m

Don Hotel

a 903m