Cargando...

Praza do Arco

Praza do Arco

Detrás dos Xardíns de Félix Soage, descóbrese a Praza do Arco. O seu nome débese ao elemento que constituía en tempos, o único acceso á rúa. Crese que este lugar marcaba na época medieval a entrada ao barrio xudeu. Outra vez estamos nas rúas estreitas orientadas de norte a sur e a resgardo dos ventos dominantes no inverno.