Cargando...

Restaurante-Asador Grellada

Restaurante Asador Grellada

O 13 de Agosto de 2002 abre por primeira vez as súas portas o Restaurante-Asador Grellada, un pequeno negocio familiar que albergaba grandes ilusións e esperanzas.

Os seus propietarios son Salvador e Berta, un matrimonio que sendo ela ama de casa e o cociñeiro en barcos frigoríficos de altura, sempre tiveron en mente montar un restaurante pola proximidade e os coñecementos en cociña.

Os últimos anos antes de montar o negocio, Salvador estaba embarcado en Arxentina onde traballaba man a man cun axudante de cociña da zona de quen aprendeu a arte de asar. De aí que se decantase en abrir un restaurante-asador.

Dende entón ata os nosos días o Restaurante-Asador Grellada mantivo a súa proximidade e o coidado dos seus clientes, traballando duramente e esforzándose e mellorando cada día ata os tempos de hoxe.

Avenida de Cangas, 63

36930, Bueu

986 32 09 81

info@restaurantegrellada.com