Cargando...

Restaurante A Centoleira

Restaurante A Centoleira

O matrimonio formado por Vicenta Laiseca, recén chegada de Biscaia e José Estévez, veciño de Beluso, compran a finais do s.XIXun antiguo"atador de redes" con estacada e secadoiro na praia, fronte ao porto de pescadores de Beluso, orixe dun negocio en constante evolución.

A seguinte xeración consolidará a casa como tenda de ultramarinos e abarrotamentos, taberna e casa de comidas, dando refuxio aos pescadores da zona.

A mediados dos anos sesenta do pasado século e co boom turístico nace o hostal restaurante La Vizcaína dirixido pola neta da fundadora. Cámbiaselle o nome a principios dos anos oitenta polo da Centoleira.
Actualmente áchase dirixido polos irmáns Xullo e Florentina Pérez Estévez, cuarta xeración da familia fundadora.

Deixando atrás a actividade de hostal, céntrase hoxe en día na restauración de calidade, e nos banquetes familiares e de negocios.

Incluído como un dos tres restaurantes galegos do Círculo de Restaurantes Centenarios de España, A Centoleira é unha verdadeira institución en Bueu onde soleira e prestixio seguen sendo as principais divisas para a clientela.

Playa de Beluso, 28

36930, Bueu

986 32 34 81

Patrimonio cercano

Onde aloxarse cerca

Camping Aldán

a 5km 241m

Natureza cercana