Cargando...

Restaurante Estrella

Restaurante Estrella

En maio de 1988 as fundadoras Sara Otero e Estrela Ferradás, arrancaron cunha cociña fresca ou como se di "do mar á mesa" o Restaurante - Marisquería ESTRELA, referente do bo facer e do bo comer na zona.

Como pescadores que eran Sara outeiro e o seu marido seguiron surtindo ao restaurante do mellor da ría de Pontevedra máis concretamente da illa de ONS e Estrela, a súa filla quedou á fronte da cociña.

Co paso dos anos eses segredos de fogóns foron pasando á xeración que hoxe segue como bos patróns, á fronte dun negocio de raíces mariñeiras e que tanto Andrés na cociña, como o seu irmán e familia se reparten o bo facer no Estrela, para deleitar aos máis esixentes padais deste pobo mariñeiro e os amigos que ano tras ano nos visitan.

Andrés
 premiado en varias ocasións pola súa cociña, é hoxe o herdeiro dos pratos máis mariñeiros e tradicionais que a súa avoa e a súa nai lle ensinaron facer co produto fresco e natural da ría, que como non podía ser doutro xeito se encarga de conseguir o seu irmán.

Calle A Xan Carballeira, 6

36930, Bueu

986 32 06 75