Cargando...

Restaurante Loureiro

Restaurante Loureiro

O Restaurante Marisquería Hotel Loureiro, situado na mesma praia de Loureiro, do municipio de Bueu, abriu as súas portas no verán de 1970.



Nunha situación incomparable, dende o restaurante marisquería pódese gozar dunhas marabillosas vistas da Ría de Pontevedra, enmarcada nun "microclima" moi especial dentro das Rías Baixas Galegas.

Vostede pode celebrar calquera clase de evento nos nosos salóns, todos eles totalmente equipados e nun marco incomparable.

Dispoñemos de Salóns e Carpas nos que celebrar a súa voda, en función dos seus desexos. Adaptámonos ás súas necesidades para converter a súa voda no día máis espacial da súa vida

Poñemos ao seu alcance varios menús adaptados ás súas necesidades. Non dubide en consultarnos.

As características das nosas instalacións permitiranlle gozar da privacidade que busca dentro dun ambiente acolledor, un trato exquisito e unha situación privilexiada que fará, sen dúbida, que a cita resulte inesquecible.

A cerimonia civil pódese celebrar tanto en carpa como bodegón ( posibilidade de alugar a casiña das rochas para facer a cerimonia) ou no mesmo salón. Despois podédesvos achegar dando un paseo pola praia a gozar do aperitivo sobre o salon da praia.

Posibilidade de acoller os convidados no hotel a prezos especiais (só en tempada baixa)

Av Loureiro, 13

36930, Bueu

986320719- 986322311