Cargando...

RUTA DA FREIXA E A MIÑOUBA

ROTEIRO DA FREIXA E A MIÑOUBA (MOAÑA)

“O río levaba os ollos”, dicía Cunqueiro, e debe ser certo porque neste roteiro, polo menos, o río vainos levar os ollos; vainos seducir coa súa chamada, co aroma da vexetación da súa ribeira, co tacto do seu chan e co sabor das augas e das lendas.

O sendeiro do río da Freixa e da Miñouba é un regalo da natureza e das xentes que, dende tempos con memoria, nos foron deixando as súas pegadas, nas lendas, nos petróglifos, nas fontes, nos lavadoiros e sobre todo nos muíños. Sucede que este noso camiño é unha verdadeira antoloxía destas construcións, a beleza, a variedade de formas, de tipoloxías (atoparemos muíños de canle, de cubo cadrado, de cubo circular) achegarannos a memoria das persoas que enchían as horas da moenda con danzas e cantares.