Cargando...

Ruta de Cabo Udra

Roteiro de Cabo Udra (BUEU)

Unha ruta que nos levará bordeando a costa desde o centro de Bueu ata o espazo natural de Cabo Udra, incluído na rede Natura 2000, unha Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Percorreremos dous portos, o de Bueu e o de Beluso, e bordeando a costa pasaremos de praas urbanas como a de Banda do Río ou Beluso a outras máis salvaxes coma Lagos, Ancoradouro, Tulla ou Mourisca, ou perdernos en calas escondidas como Sartaxéns ou Pedrón.

En cabo Udra atoparémonos cos restos dunha antiga base militar coas súas garitas e canóns. No edificio principal hoxe érguese un aula da natureza onde interpretar e coñecer máis de preto os segredos deste espazo natural.

No camiño teremos a posibilidade de divisar a ría de Pontevedra e maila ensenada de Aldán, así como a illa de Ons e Onza, na entrada da ría.

Observaremos tamén construccións populares, coma fontes ou lavadoiros e ruinas de antigas fábricas de salgadura. Aínda que a ruta a propoñemos dende Bueu, poderiamos acortola iniciándoa no porto de Beluso.