Cargando...

RUTA DE DONÓN - CANGAS

SENDEIRO AZUL DE DONÓN (CANGAS)

Tal vez se che dixese que vas iniciar un camiño presidido por un deus sandador, polas luces do solpor e polas luces dos faros, por dunas que acollen piñeiros e acollen viñas, por praias de anuncio e por cantís de formas zoomórficas, pensarías que estou esaxerando. Se che comentase que os canastros, os muíños en paraxes inesquecibles, os santuarios e os castros prehistóricos conviven en harmonía é posible que non me creses. Así que, amigo camiñante, ponte en marcha, ábrete a un mundo de sorpresas e atrévete a interiorizar un feixe de realidades destinadas a ser agarimadas por miradas atentas.