Cargando...

RUTA DE URBANO LUGRÍS - BUEU

ROTEIRO DE URBANO LUGRÍS (BUEU)

Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973) é un dos pintores máis salientables da historia de Galicia. Surrealista tardío, sentiu unha forte atracción polos temas mariñeiros. Seguramente nas súas horas por Bueu soñou, como calquera artista, con provocar miradas asombradas, olladas eternas. Sentiu o desexo de crear novos camiños deses que son máis que “estelas no mar”. Quixo deixar na “memoria dos homes” a súa emoción mariña. Por iso este roteiro é unha invitación a coñecer algúns dos monumentos máis salientables da Vila conducidos polas pegadas do noso pintor, el será a orixe, o centro e o final, pero tamén atoparemos outros pasos, outros nomes, outras emocións porque esta senda é un convite para facer memoria ao andar.