Cargando...

Ruta do Camiño Real de Cangas a Moaña

Ruta do Camiño Real de Cangas a Moaña

Unha ruta que sigue boa parte do antigo Camiño Real que unía as vilas de Cangas e Moaña antes da construcción da actual estrada PO-551 a principios do século XX.
 
Na nosa andaina, pasaremos polo barrio do forte, o primeiro ensanche da vila, continuaremos polo paseo marítimo para enlazar co Camiño Vello de Rodeira, dende onde continuaremos o percorrido polo antigo camiño Real ata chegar á Praia do Con, onde enlazaremos co paseo marítimo de Moaña.
 
Pazos coma o de Castroviejo, casonas, cruceiros, capelas como a de Santo Domingo ou a Igrexa de Tirán, fontes ou esculturas serán algúns dos recursos que atoparemos durante o noso camiño, que podemos facer fácilmente a pé ou en bicicleta.
 
A ruta pódese enlazar coa do Sendeiro da Costa de Moaña para a volta, bordeando despois a costa canguesa ata enlazar co paseo de Rodeira, sempre que non haxa marea alta.