Cargando...

Ruta dos muiños da Fraga

Roteiro dos muiños da Fraga - (MOAÑA)

Esta ruta levaranos dende o mar río arriba seguindo o cauce do río da Fraga, o máis longo do municipio moañés e que fai de fronteira natural entre as parroquias de Moaña e Meira.

Ao longo do recorrido atoparémonos cunha treintena de muíños salpicados a carón do curso do río, nun entorno incomparable de extraordinaria beleza paisaxística e valores naturais.

Adentrarémonos nun bosque de ribeira e nun dos bosques atlánticos caducifolios mellor conservados da zona, onde o carballo é unha das especies predominantes. Ademais atoparemos fervenzas, pontes, lavadoiros e fontes, poderemos descansar ou desfrutar das instalacións deportivas municipais do Beque ou comer nalgunha das tabernas que atoparemos próximas ao camiño.

Un espazo que nos levará a adentrarnos nun entorno de conto e lenda, unha volta a un pasado non tan lonxano no que a vida da veciñanza miraba cara os ríos, onde no muíño se facía gran parte da vida social nos tempos de moenda.