Cargando...

Ruta dos muiños de Meiro

Roteiro dos muiños de Meiro (BUEU)

Unha ruta que nos levará a percorrer parte do cauce do rego dos Frades ata a aldea de Meiro, descubrindo uns 30 muíños, en diferentes estados de conservación. Estas construccións aproveitaban a forza da auga do río para moer os grans que se cultivaban nas leiras próximas.

No noso camiño tamén nos atoparemos fervenzas, presas, campos de cultivo, casas de labranza, zonas forestais e outro tipo de arquitectura popular, coma fontes, lavadoiros ou cruceiros, e mesmo un tramo do camiño real que unía Cangas con Pontevedra e que podería ser un ramal da via romana "Per loca Marítima" que unía a costa galega.

Coñecida popularmente como "calzada romana" sería posteriormente modificada polos veciños ao longo da historia. Na aldea de Meiro celébrase cada ano a festa do Millo Corvo, que exalta este tipo de millo de cor negro e que se cultiva nesta zona.