Cargando...

Santa Ifixenia de Bueu

Festas de Santa Ifixenia de Bueu

O 21 de setembro celébrase en Bueu a festividade de Santa Ifixenia, na capela do Pazo de Santa Cruz, fundada en 1671. Só está aberta ao público ese día.

A festa dura dous días, no fin de semana máis próximo ao día 21.

O sábado ás 12.00 h. as bombas de palenque anuncian o comezo.

Ás 17.00 h., hai pasarrúas a cargo da Banda de Música de Bueu que posteriormente ofrece un concerto. Pola noite a verbena está amenizada por orquestas.

O domingo a partir das 10.00 h. faise un pasarrúas a cargo da Banda de Música Artística de Bueu. Ás 13.00 h. ofíciase unha misa solemne na Capela do Pazo de Santa Cruz. A continuación hai unha degustación de sidra de mazá e unha subasta das ofrendas que algúns devotos fan a Santa Ifixenia. Ás 18.00 h., a Banda de Música Artística de Bueu ofrece unha actuación. A verbena comeza a partir das 20.00 h. e conta coas actuacións de orquestas.