Cargando...

Sendeiro da Costa de Tirán

Sendeiro da Costa de Tirán (MOAÑA)

Un sendeiro que nos levará a coñecer todas as praias e calas que salpican a costa moañesa desde o porto ate o límite co municipio de Cangas, con vistas sobre a ría en miradoios como O Fiunchal ou A Mona, e descubrindo recunchos como a Igrexa de Tirán, á beira mesmo do mar, o monte Ramil, as pedras Vauneritas ou pequenos carreiros entre as leiras de cultivo en primeira liña de costa.