Cargando...

Sepulcro da Laxe

Sepulcro da Laxe

• Estes sepulcros antropomórficos son característicos da Alta Idade Media. En Galicia podemos atopar xacementos tan significativos como os de San Pedro de Rocas ou os da catedral de Tui.

• Son de orixe xermánica e prolongáronse nos períodos suevo e visigótico, como non se conservan as tapas destas tumbas non é posible unha datación exacta.

• O Sepulcro da Laxe ao igual que a Laxe do Crego da Illa de Ons aparece illado o que fai que os especialistas discutan sobre o seu uso como enterramento ou como lugar de penitencia.

Coñécese coma Sarcófago da laxe, Sartego da Laxe ou Cama do Xudeo. Atópase no núcleo de San Cibrán (Aldán, Cangas), xusto detrás da Casa do Mar e a carón da estrada PO-315 e o camiño que nos conduce á igrexa, fronte ao Pazo Torre de Aldán.

Está xusto enriba dunha grande pedra a carón dun palomar, que todo apunta a que antigamente formaba parte do pazo. Está escavado na mesma pedra na parte máis alta da mesma.

 

 

 

Onde comer cerca

Onde aloxarse cerca

HOTEL DOADE

a 1km 420m