Cargando...

Xardíns de Félix Soage

Xardíns de Xosé Félix Soage

A principios do s. XX Cangas adoecía de espazo de esparcemento e lecer no centro da vila. A partir de 1911 iníciase un recheo sobre a praia que e a beiramar ata un pouco máis aló dos límites da actual Alameda Vella, cuia estructura e distribución das árbores plataneiras e ubicación da fonte e o palco da música fixéronse a mediados dos anos vinte, coincidindo coa transformación urbana do centro da vila da man das xenerosas doazóns do filántropo cangués Xosé Félix Soage Villarino, co que se construiu o palo e parte da alameda ou o Mercado de Abastos, entre outros, entre 1922 e 1926.

A alameda consta dun paseo principal que vai dende o reloxo – estación metereolóxica (O Reló), que se ubicou en diferentes emprazamentos ao longo dos anos e mesmo se chegou a desmantelar ata a súa recuperación nunha das últimas reformas da alameda en 1991.

A alameda conta cunha zona axardinada onde se ubican palmeiras de un tamaño considerable, esculturas como a adicada ao párroco Manuel Graña ou a emotiva “A volta do Mar” (Xoán Piñeiro, 1956) ou a adicada ao Filántropo Félix Soage, construída por suscripción popular do pobo de Cangas e realizada polo afamado escultor Francisco Asorey (1924) e que preside un xardín circular con estanque rodeado por catro bancos en Pedra. Tamén podemos atopar o Palco da música, onde nun dos extremos podemos ver os restos dunha escultura que recorda os tráxicos acontecementos da “Movida”, un movemento social que sufriu Cangas entre 1989 e 1990 iniciado pola suba de impostos coma o IBI e que acabou coa dimisión do entón alcalde.

Máis recentemente, arredor do ano 2003, a alameda gañou un espazo empedrado correspondente á avda. 25 de xullo que se peonalizou para gañar espazo de lecer nesta zona verde canguesa.

Estes xardíns son punto de encontro das xentes da vila, sobre todo no popular “reló”, e de celebración de todo tipo de actos culturais e sociais entorno ao placo da música e os seus paseos e rúas da contorna, que se enchen de bullicio nos mercados e feiras e nas festas patronais.

Tipo:

Xardíns e zoas verdes

Localidade:

Cangas

Onde aloxarse cerca

Hotel Playa

a 1km 261m

Don Hotel

a 1km 85m